Servizos e Instalacións

Porque en abba Xalet Suites hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Xalet Suites hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

 

Conexión WIFI PREMIUM gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas as necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

abba_xalet_suites_hotel_bicis.jpg

Aluguer de bicicletas eléctricas

APETÉCECHE UNHA EXCURSIÓN DIFERENTE?

No abba Xalet Suites Hotel ofrecémosche a oportunidade de desfrutar dunha excursión diferente. Un servizo divertido, familiar e innovador, que poderás aproveitar grazas ás rutas guiadas en bicicleta eléctrica das que dispoñemos na nosa recepción. Pasa un momento único en familia connosco  e descobre Andorra pedaleando sen esforzo.

Máis información na recepción do hotel ou chamando ao +376 73 73 00.

Piscina exterior climatizada

E xardín con hamacas.

O hotel dispón de piscina exterior climatizada e unha zona axardinada dispoñible para os seus hóspedes, que fará que poidan gozar dunha estadía chea de goce e relax. Ademais, ofrece un servizo de toallas para todos os que queiran gozar da piscina, dispoñible na recepción.

Horario da piscina: do 1 de xuño ao 15 de setembro

abba_xalet_suites_hotel_miniclub.jpg

Mini club ABBY

Para que os máis pequenos gocen dunhas vacacións marabillosas

Para que os máis cativos gocen dunhas vacacións maravillosas, abba Xalet Suites hotel dispón do Mini club Abby, un programa de animación con actividades orientadas a nenos de 4 a 9 anos. Acompañados dun grupo profesional de monitores, participarán en talleres de manualidades, xogos didácticos e deportes ao aire libre para que a súa estadía sexa aínda máis divertida do que imaxinaran.

Consulta os horarios na recepción do hotel. Imprescindible inscrición previa.

Actividades lúdicas, deportivas e culturais

Esquí alpino e de fondo, raquetas e motos ou patinaxe sobre xeo.

Esquí alpino e de fondo, raquetas e motos, patinaxe sobre xeo, Caldea, senderismo, equitación, mountain bike, tirolina, tiro con arco, karts, museos e visitas culturais (arte románico)… Andorra ofrece un sinfín de posibilidades de ocio, deporte e goce, e dende abba Xalet Suites hotel organizamos calquera excursión ou reserva necesaria.

Viaxar con mascotas

Aceptamos animales de compañía (cans e gatos)

Tratarémola como a un hóspede máis!

En abba Xalet Suites hotel ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, por un suplemento de 16 € por día sobre a tarifa aplicable á habitación.

É imprescindible indicar que se viaxa cunha mascota no momento de efectuar a reserva.

Neneira

Servizo de Neneira

Abba Xalet Suites hotel ofrece o servizo de neneira no hotel baixo reserva previa.

abba_hoteles_paddle.jpg

Pista de Pádel

Xoga a un dos deportes que máis están de moda!

Dispoñemos de pista exterior sen luz artificial, e prestamos todo o material necesario para a súa utilización (raquetas e pelotas).No verán o horario é de 10:00h a 21:00h.

En primavera e outono, dende as 10:00h até o solpor.

No inverno a dipoñibilidade da pista está suxeita ao estado meteorolóxico.

abba_xalet_suites_hotel_shuttle.jpg

Sshuttle-Lanzadeira

Transporte gratuíto Hotel-Telecabina.

Pensando na comodidade dos nosos hóspedes, facilitamos un servizo de transporte gratuíto Hotel-Telecabina da Massana (Pal-Arinsal) - Hotel e Hotel - Funicamp de Encamp (Grandvalira) - Hotel.

Horarios dispoñibles na recepción. Servizo suxeito a dipoñibilidade.

Parking

O abba Xalet Suites Hotel pon á súa disposición.

O abba Xalet Suites Hotel pon á disposición

  • Parking exterior gratuíto para os clientes do hotel. 
  • Parking Interior cuberto € 12,00 por día.

Ademais conta cun novo aparcamento de uso exclusivo para hóspedes do Hotel, cunha superficie de 750m2 e 60 prazas.

Spa

abba Xalet Suites presenta o seu novo Spa.

A instalación conta con jacuzzi, duchas de fervenza e choiva, banco quente de relaxación con pediluvio, sauna, sala de relaxación, sala de masaxes e tratamentos e sala de fitness.

  • Horario: 16:00h - 21:00h
  • Acceso permitido a maiores de 16 anos (até os 18, deberán ir acompañados dun adulto)
  • Prezo: 12€ / hora / persoa

Almorzo Buffet

Unha combinación perfecta de ingredientes para comezar o día con bo pé.

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético. Porque queremos que os nosos hóspedes se sintan coma na casa, a maioría da nosas tarifas xa inclúen o almorzo, pero para aquelas que non:   

  • Prezo: 14 euros
  • Prezo almorzo nenos (3-12 anos): 7 euros
  • Horario do almorzo:
    • 7:30h - 08:00h – Almorzo express
    • 8:00h - 10:30h – Almorzo buffet