Servizos e Instalacións

Porque en abba Santander Hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Santander hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

 

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

Cantabria e Santander: moito por descubrir

Excursións polo territorio cántabro.

O nosos hóspedes que desexen coñecer Cantabria e Santander, así como a súa historia a través das distintas etapas e descubrir os restos arqueolóxicos do pasado, poden preguntar na recepción de abba Santander hotel  polas excursións que se organizan dende o hotel para descubrir o territorio cántabro.

 

O Solecito

Pódese solicitar este servizo na recepción do hotel.

abba Santander hotel ofrece un completo servizo de room service en colaboración coa empresa El Solecito, mediante o cal os hóspedes terán a posibilidade de pedir sandwiches, hamburguesas, bocadillos, racións e pratos combinados.

Room Service & Pizzas

Comodidade sen saír da habitación

abba Santander hotel ofrece aos seus hóspedes a posibilidade de pedir pizzas e todo tipo de comida a Telepizza.

Ximnasio Concertado

Clases dirixidas, salas de máquinas, piscina e solarium.

abba Santander hotel dispón dun acordo co Ximnasio Fitness Room, situado a moi poucos pasos do hotel, en pleno centro, para que todos os hóspedes que o desexen poidan gozar das súas magníficas instalacións, ademais das súas clases persoalizadas e o mellor equipamento para estar en forma.

Viaxa coa túa mascota

Tratarémola coma a un hóspede máis!

En abba Santander hotel ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, por un suplemento de 20 €  sobre a tarifa aplicable á habitación.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

abba Santander hotel pon á disposición dos seus hóspedes parking no mesmo hotel, con 5 prazas dispoñibles que non poden ser reservadas.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas as necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.