Servizos e Instalacións

Porque en abba Playa Gijón hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Praia Xixón hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

 

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi está pensado para cubrir todas as necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Wellness Area

Deporte e relax para o corpo e a mente.

Para os hóspedes que buscan poñerse en forma e alcanzar o relax absoluto, o hotel dispón dunha Wellness area con fitness center, jacuzzi, baño turco e sauna.

Alugamento de Bicicletas

Gozar de Xixón pedaleando.

Para gozar de Xixón sobre rodas, abba Praia Xixón hotel ofrece un exclusivo servizo de aluguer de bicicletas. Condiciones e reservas dispoñibles na recepción.

Tarifas de aluguer:

  • 15 € Día completo
  • 8 € Medio día

Piscina exterior

Dispoñible do 14 de xuño ao 17 de setembro.

Que mellor que rematar o día cun baño na nosa fantástica piscina! Ofrecemos un servizo de toallas gratuíto na recepción do hotel.

Parking

abba Playa Gijón hotel dispón de parking para os seus hóspedes e clientes externos

O hotel tamén dispón de puntos de recarga para vehículos eléctricos. O noso sistema permite identificar o vehículo, autorizar o servizo e avisar vía e-mail ou sms cando a carga eléctrica remate.

Prezo: 18 euros

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético, ademais dun espazo exclusivo para as persoas celíacas, con produtos libres de contaminación por gluten, entre os que se atopan diversos tipos de pan, madalenas de millo, tostas de arroz e millo, galletas e brioches.

  • Prezo: 15,50 euros
  • Prezo almorzo nenos (3-12 anos): 9 euros