37th Gastro Pub

e terraza abba The Roof Terrace

37th Gastro Pub

Presentamos o novo espazo gastronómico do hotel, o 37th Gastropub, que evoluciona do día á noite, ambientado ao máis puro estilo dun auténtico bar inglés e cunhas vistas magnificas á Praia de San Lorenzo.

Rende homenaxe aos amigos de deliciosos cafés e tés, aos apaixonados da gastronomía bistró, aos amantes das cervexas artesanais e aos namorados dos cócteles e dos GIN´S.

Durante o xantar e a cea, o gastropub ofrece unha proposta gastronómica máis informal, inspirada na cociña internacional, pratos como Fish&Chips e o Scoth Egg sorprenderán os padais máis esixentes.

Este novo espazo convida o comensal a desfrutar do primeiro ao último bocado, converténdose nunha experiencia única.

 

Brunch 37th Gastro Pub

Combina Estilo Inglés, Apetitosos Dulces, Saborosos Salados e Reflexosde Mar

Para todos os amantes do brunch, abba Praia Xixón hotel ofrécello no mellor escenario, o seu Gastropub 37th.

De orixe británica, é unha das tendencias máis actuais de gastronomía no noso país, e trátase dunha palabra que combina 2 termos ingleses: Breakfast + LUNCH.

Xogamos co concepto de "almorzo" e &ldquot;xantar”, este é o enfoque do brunch, animando aos máis durmiñóns a gozar durante unha relaxada mañá de fin de semana ou ese día festivo que estamos esperando con ansia que chegue.

Trátase dunha comida a medio camiño: o almorzo clásico pero tardío e un xantar lixeiro cedo, ideal para experimentar este momento gastronómico con tranquilidade e en calma. Un plan perfecto para compartir coa túa parella, entre amigos ou coa familia.

No brunch de abba Praia Xixón hotel ofrécense dende saudables batidos e zumes naturais até unha exquisita selección de doces e unha ampla variedade de sandwiches, ademais do prato insignia do “37th”, o ovo escocés, todo iso gozando da magnífica vista que ofrece o horizonte da Praia San Lorenzo.

Horario: sábados e domingos de 11.30h a 14.30h.

Imprescindible reserva previa. Mínimo 2 persoas.

 

Terraza abba The Roof Terrace

Aberta durante os meses de verán, na Terraza abba The Roof Terrace poderás gozar do mellor ambiente e dunhas incribles vistas de Xixón e da baía de San Lorenzo. Un espazo incomparable que acolle a terraza de moda en Xixón, á que poderás acceder de forma gratuíta a través da recepción do Hotel e gozar dos mellores cócteles, vermut, show cooking e música en vivo.

Para todos aqueles que buscan un espazo moi singular para celebrar eventos privados e únicos, a Terraza abba The Roof Terrace é o lugar perfecto.

Máis información e reservas no 985 00 00 00.

  • Cocktails únicos na cidade (Blue abba & Green abba).
  • Show cooking a partir das 8 da tarde.
  • Música en directo os xoves e domingos de xullo e agosto, de 20.00h a 21.30h
  • domingos, especial Sunday Vermut.

Horarios*:

  • xuño, septiembre e outubro: domingos, de 13.00h a 24.00h
  • Do 16 de xuño ao 10 de setembro, aberto todos os días dende as 18.00 h e domingos dende as 13.00h

*Horarios suxeitos a modificacións pola organización de eventos privados