Servizos e Instalacións

Porque en abba Palacio de Soñanes hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Palacio de Soñanes hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas as necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Xardín

Natureza e impresionantes vistas.

abba Palacio de Soñanes hotel dispón dunha preciosa zona axardinada, ideal para a celebración de almorzos, coffee-breaks ou cócteles para calquera evento, ou para, simplemente, relaxarse e gozar da natureza e das impresionantes vistas que ofrece a zona.

Biblioteca

Goza dun ambiente relaxado.

O nosos hóspedes poden gozar dun bo libro no ambiente relaxado do hall de abba Palacio de Soñanes hotel, ou tamén no seu engaiolante xardín.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

abba Palacio de Soñanes hotel pon á disposición dos seus clientes parking gratuíto no mesmo hotel.

Bar Palacio

O lugar ideal para sobremesas tranquilas.

Cunha decoración tipicamente inglesa e un encantador ambiente, o Bar Palacio é un acolledor e elegante espazo no que os hóspedes de abba Palacio de Soñanes hotel poderán gozar dun snack ou calquera tipo de bebida ou refresco durante a súa estadía.

Viaxa coa túa mascota

Tratarémola coma a un hóspede máis!

En abba Palacio de Soñanes hotel ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, por un suplemento de 30 € (impostos incluídos) sobre a tarifa aplicable á habitación.

Cafetería La Venta

Reláxate e goza.

abba Palacio de Soñanes hotel dispón de cafetaría, na que ofrece unha coidada e variada selección de tapas e racións para todos os seus hóspedes.

Piscina ao aire libre

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

O hotel dispón de piscina exterior dispoñible para os seus hóspedes, que fará que poidan gozar dunha estadía chea de sol, disfrute e relax. Ademais, ofrece un servizo de toallas para todos os que queiran gozar da piscina, dispoñible na recepción.

 

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

  • Prezo: 15 euros.
  • Prezo almorzo nenos (3-12 anos): 6 euros.