Servizos e Instalacións

Porque en abba Formigal hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Formigal hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.  
Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

abba Formigal hotel pon á disposición dos seus clientes parking no mesmo hotel.

Prezo: 14,00 euros

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e a estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente. 

Piscina Interior

Piscina climatizada

abba Formigal hotel ofrece a posibilidade de darse un baño relaxante na nosa piscina interior climatizada.

Servizo de masaxes

Queres relaxarte?

En abba Formigal hotel ofrecemos o noso servizo de masaxes no mesmo hotel, para que os nosos hóspedes puedan liberarse de calquera tensión acumulada. Consultar horarios segundo temporada na recepción do hotel. Imprescindible reserva previa con alomenos un día de antelación.

abba_formigal_hotel_yoga.jpg

Aulas de Ioga

Yoga en Formigal

Conecta corpo e mente coa axuda das nosas aulas de ioga, e sen saíres do hotel! Consulta os horarios e prezos na recepción do hotel.

*Inscrición aberta ata as 23h do día anterior

Tecarterapia

Coñeces a Tecarterapia?

Trátase dun novedoso tratamento para recuperar as lesións producidas polos deportes de inverno. Ofrecido polo servizo de fisioterapia de abba Formigal hotel, este moderno tratamento está baseado na hipertermia de contacto e, mediante o mesmo, consíguense acelerar os procesos fisiolóxicos de recuperación dos tecidos magoados. Non dubides en consultar aos nosos profesionais sobre este servizo durante a túa estadía.

Terraza con vistas

Aos Pirineos

abba Formigal hotel pon á disposición dos seus hóspedes una fantástica terraza con impresionantes vistas aos Pirineos, un agradable espazo onde gozar dun aperitivo ou tomarse unha copa tranquilamente ao aire libre.

Forfaits, material de esquí e servizo de gardaría

Todo o que precisas para gozar ao máximo das pistas de Formigal

abba Formigal hotel ofrece todo o necesario para gozar ao máximo das pistas de Formigal sen preocuparse por nada, dende a reserva de forfaits e material de esquí até o servizo de gardaría no xardín de neve Anayet.

Gardaesquís

Para gozar da máxima comodidade

Facilitamos aos nosos hóspedes un espazo de gardaesquís para que poidan gardar o seu material de esquí e gozar da máxima comodidade durante a súa estadía no noso hotel.

Sauna e baño turco

Relax asegurado cada día.

Todos os días poñemos á disposición dos nosos hóspedes a nosa sauna, para que alcancen a máxima relaxación posible. Tamén dispoñemos de baño turco con relaxantes recendos a lavanda ou eucalipto.

Shuttle-Lanzadeira

Transporte gratuíto Hotel - Zona de Remontes - Hotel

Pensamos na comodidade dos nosos hóspedes e ofrecemos un servizo de transporte gratuíto de traslados Hotel - zona de remontes máis próxima ao Hotel. Consulta na recepción os horarios e a dispoñibilidade.