Celebracións

O noso equipo de profesionais está preparado para deseñar cada evento á medida.

Se estás pensando no teu evento soñado para celebrar un día especial con familiares e amigos, despreocúpate de todo e déixao nas mans de abba Fonseca hotel. O noso equipo de profesionais está preparado para deseñar cada evento á medida e coidar até o último detalle en cada celebración.

Vodas

Se vas celebrar o día máis feliz da túa vida e queres que todo estea organizado tal e como soñaches, en abba Fonseca hotel axudámosche a conseguilo. A experiencia e profesionalidade do noso equipo de wedding planners, xunto coas nosas fantásticas instalacións, converten ao noso hotel no espazo ideal para a celebración da túa voda.

Deixa nas nosas mans este día tan importante e preocúpate só de gozalo, os sorrisos dos teus convidados confirmaranche que elixiches o escenario perfecto para a celebración do teu enlace.

As nosas Vantaxes

  • Candy bar gratuíto para todas as vodas de máis de 100 convidados.
  • Recuncho de Cervexas no cócter de benvida para as vodas de máis de 100 convidados.
  • Barra libre de Mojitos (1 hora contratando a barra libre) para as vodas de máis de 100 convidados.
  • Decoración floral das mesas
  • Proba gratuíta do menú
  • Suite Nupcial para os noivos, con atencións especiais, almorzo buffet e parking incluídos.
  • Minutas persoalizadas
  • Promoción especial 5% de desconto para vodas de máis de 70 convidados que se celebren en venres e domingos durante todo o ano e os meses de xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.
  • Tarifas especiais de aloxamento para convidados 
  • Menús especiais para nenos.
  • Menús especiais para persoas con alerxias e intolerancias alimenticias, vexetarianos e celíacos. 

Servizos adicionais que che axudamos a xestionar

  • Cuartetos de Jazz
  • Pianista
  • Autobuses
  • Animación Infantil
  • Flores
  • Cortador de Xamón
  • Concerto da tuna salmantina
  • Espectáculo de flamenco
  • Candy Bar
  • Servizo de gardaría