Servizos e Instalacións

Porque en abba Comillas Golf Apartments o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Comillas Golf Apartments coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada. 

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e a estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

O hotel abba Comillas Golf Apartments pon á disposición dos seus clientes parking no mesmo hotel.

Prezo: 5 €/ día.

Pista de Tenis / Pista de Pádel

Deporte ao aire libre.

O horario da pista de Tenis e de Pádel é de luns a domingo de 10:00h a 18:00h.

**É imprescindible reserva previa da pista na recepción do hotel.

O material para practicar este deporte será propio do cliente. abba Comillas Golf Apartments non se fai responsable da perda, roubo, furto ou similar dos mesmos.

Piscina Exterior

Se a calor apreta…

No verán, cando a calor apreta, non hai nada máis reconfortante que sumerxirse na nosa piscina exterior.

A piscina permanecerá aberta do 20 de xuño ao 15 de setembro.

Horario de 11:00 h. a 20:00 h. Vixiada por socorrista.

Viaxa coa túa mascota

Tratarémola coma a un hóspede máis!

En abba Comillas Golf Apartments ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, sen ningún tipo de suplemento sobre a tarifa aplicable á habitación. É imprescindible indicar que se viaxa con mascota no momento de efectuar a reserva.

Campo de Golf Rovacías

O máis técnico do Cantábrico.

O campo de golf Rovacías no que se atopa abba Comillas Golf Apartments está perfectamente adaptado á orografía, integrado nunha contorna natural e totalmente illado dos núcleos urbanos. Trátase dun campo de xogo perfectamente adaptado a calquera xogador de golf, independentemente do seu nivel de xogo.

No campo ofrécense servizos de puttingreen, campo de prácticas, aluguer de todo tipo material, Pro-shop e organización de campeonatos, entre outros.

Rutas Bikefriendly

abba Comillas Golf Apartments está perfectamente adaptado para ciclistas.

O noso aloxamento dispón de exclusivos servizos que responden de xeito óptimo ás necesidades específicas dos ciclistas, incluidas rutas para gozar ao máximo da contorna na que se atopan o hotel e os apartamentos. Ofrecemos os seguintes servizos para ciclistas:

  • Espazo Bikefriendly para gardar as bicicletas e zona taller.
  • Tenda para arreglos e posta a punto das bicicletas.
  • Zona de lavado de bicicletas.
  • Picnic baixo petición e suxeito a dispoñibilidade
  • Almorzo especial para deportistas baixo petición e suxeito a dispoñibilidade
  • Rutas Bikefriendly