Servizos e Instalacións

Porque en abba Burgos hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Burgos hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.  

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

abbaburgos_sauna.jpg

Sauna

Relax asegurado cada día.

Todos os días poñemos á disposición dos nosos hóspedes a nosa sauna, para que alcancen a máxima relaxación posible.

Solicite que acendan a sauna na recepción con 30 minutos de antelación.

Pista de Pádel

Magnífia pista de pádel exterior.

abba Burgos Hotel dispón dunha magnífica pista de pádel exterior, para que os nosos hóspedes gocen e se poñan en forma ao mesmo tempo. Na recepción dispoñemos do material necesario para poder practicar pádel coma un profesional.

 

Piscina e Solarium

Piscina cuberta climatizada e solarium exterior.

Ao longo da estadía, os nosos hóspedes poden refrescarse cun baño na nosa piscina cuberta climatizada e relaxarse a pleno sol no noso solarium exterior. Dispón de zona con vestiarios, duchas e taquillas.

Horario de 07:00 h. a 23:00 h.

Viaxa coa túa mascota

Tratarémola coma a un hóspede máis!

En abba Burgos hotel ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, por un suplemento de 25 € (impostos incluídos) sobre a tarifa aplicable á habitación. É imprescindible indicar que se viaxa con mascota no momento de efectuar a reserva.

eaters_collective_323099_unsplash.jpg

Room Service

A mellor gastronomía sen saír da habitación.

Se prefires quedarte na habitación pero non queres renunciar á mellor gastronomía en abba Burgos hotel ofrecémosche, para a túa comodidade, o mellor servizo de room service.

De luns a domingo (13.30h – 15.30h) / (20.30h – 23.00h)

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e a estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente.

Horario: de 7:00h a 23:00h

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

Abba Burgos hotel pon á disposición dos seus clientes parking no propio hotel.

  • Prezo 24 horas: 18,90 euros

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

  • Prezo: 14,80 euros
  • Almorzo para nenos até 12 anos: 8,70 euros