Reunións

Hotel Balmoral dispón de 4 salóns modulables, con capacidade de até 120 persoas.

Calquera reunión ou evento de negocios é un éxito no Hotel Balmoral. Dispoñemos dos mellores espazos, modernos e funcionais, para a organización de pequenas reunións, presentacións, congresos ou conferencias para até 120 persoas. Ademais, contamos cunha ampla terraza apta para calquera tipo de evento e/ou celebración. O noso experto equipo de profesionais encárgase de todo, do comezo ao remate, para que o resultado sexa aínda mellor do esperado.

Nosas salas de reunións pódense equipar co material audiovisual que o cliente precise mediante petición. O prezo de aluguer de salas de reunións inclúe os seguintes servizos:

  • Conexión wifi
  • Pantalla de proxección
  • Pantalla  Samsung  Flip
  • Rotafolio
  • Cadernos de notas
  • Cartafoles
  • Bolígrafos
  • Auga mineral e caramelos
  • Proxector,  pantalla LCD e sistema de audio incorporado no teito