Celebracións

Se estás pensando no teu evento soñado para celebrar un día especial con familiares e amigos, despreocúpate de todo e déixao nas mans de Hotel Balmoral. O noso equipo de profesionais está preparado para deseñar cada evento á medida e coidar até o último detalle en cada celebración.

Desfruta do teu evento na nosa terraza, ideal para calquera tipo de celebración. Déixate aconsellar polo noso equipo de profesionais e sorprende aos teus invitados cun cóctel privado, un bufete de petiscos ou unha pausa de café.

Deixa nas nosas mans este día tan importante e preocúpate só de desfrutar del. A experiencia e profesionalidade do noso equipo, xunto a nosas fantásticas instalacións, converten ao noso hotel no espazo ideal para a celebración de calquera evento.