O hotel

Barcelona

Numancia, 32 · cci-sants@abbahoteles.com

abba Sants hotel atópase estratexicamente situado no centro da cidade de Barcelona, nunha área tranquila, xunta a unha zona axardinada.

Situado xunto á Estación de Sants, e a tan só 15 minutos da 'Fira de Barcelona' e do Palacio de Congresos de Montjuic, conta cunha excelente comunicación co aeroporto de O Prat.  

A súa céntrica situación permite aos hóspedes de abba Sants hotel acceder aos lugares de maior interese turístico e de ocio na cidade: atópase a 10 minutos en metro do centro de Barcelona e moi próximo a museos e a Montjuic, onde se acha o Camp Nou, campo do Fútbol Club Barcelona, así como ás famosas fontes de Montjuic e ao Estadio Olímpico.

Dende 120EUR

Reservar

Situación e Contacto

Cunha situación inmellorable a escasos metros da estación de Sants e perfectamente conectado co centro de Barcelona, a Fira de Barcelona e o Palacio de Congresos, abba Sants Hotel é un hotel moderno e acolledor, perfecto para as estadías de ocio o negocios na cidade condal.

Ver mapa
abba Sants Hotel - Mapa

Habitacións

abba Sants hotel consta de 140 modernas habitacións equipadas coas últimas comodidades e deseñadas para facer a estadía dos nosos hóspedes cómoda e confortable.

Servizos especializados

En abba Sants hotel dispoñemos de amplas instalacións para a realización de calquera tipo de evento, dende celebracións familiares a reunións de traballo, congresos ou conferencias.