Servizos e Instalacións

En abba Rambla hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada.  

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Porque en abba Rambla Hotel o noso principal objetivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido.

Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Xestionamos os teus desexos

Alugamento de coches, de bicis ou motos, entradas…

Calquera desexo será realidade en abba Rambla Hotel. Dende o hotel xestiónase o aluguer de coches, bicicletas ou motos, así como a compra de entradas para partidos do Barça, shows de flamenco, museos e demáis espectáculos da cidade.

Reserva Online o teu Taxi!

Servizo de reserva online de taxis en Barcelona.

Un servizo de calidade con recollida preferente e tarifa plana, para que os nosos hóspedes non teñan que preocuparse de nada. Simplemente hay que reservar o taxi e realizar o pago con tarxeta de crédito ou PayPal. Un taxi estará esperando á hora e no lugar indicado para acudir ao destino sen colas, sen esperas e sen ter que pagar nada máis por iso.

Clic aquí para máis información e/ou reservas.

Pizzas na habitación

Telepizza

abba Rambla hotel ofrece aos seus hóspedes a posibilidade de pedir pizzas e todo tipo de comida a Telepizza.

 

Business Corner

Espazo de traballo e conexión

abba Rambla hotel dispón dun Business Corner, para aqueles hóspedes que viaxan por motivos de negocio e necesitan un espazo de traballo e conexión.

Servizo de masaxes

Relax antes ou despois de visitar Barcelona.

Para a comodidade dos hóspedes, abba Rambla hotel ofrece un servizo de masaxes na propia habitación do hotel.

Terraza - Solarium

Relaxarse logo dun longo día de visitas pola cidade é un dos praceres meirandes.

Por iso, abba Rambla hotel dispón dunha pequena terraza de acceso exclusivo para os seus hóspedes, onde relaxarse e tomar el sol ao longo da estadía.

Room Service

A mellor gastronomía sen saír da habitación.

Para aqueles hóspedes que prefiren quedarse na habitación pero non queren renunciar á mellor gastronomía en abba Rambla hotel ofrecemos, para a súa comodidade, o mellor servizo de room service. Consultar dispoñibilidade e horarios na recepción.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

Abba Rambla hotel pon á disposición dos seus clientes parking no propio hotel.

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.