Servizos e Instalacións

En abba Madrid Hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nososo hóspedes.

En abba Madrid hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada. 

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wiffi premium está pensado para cubrir todas as necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como a navegación, a consulta de correo electrónico e a descarga de contido. Para conectarse é precisa unha clave, que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión, aínda que podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo. Por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o preciso para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

  • Prezo: 16,00 euros

Bar

Despois dun intenso día de traballo, o mellor é cambiar de actividade.

No noso Bar Abantos os nosos hóspedes e clientes externos atoparán o mellor punto de encontro para gozar dunha copa ou dun delicioso cocktail, ou quizais degustar algún dos snacks e aperitivos que ofrecemos. Un espazo ideal para gozar de eventos deportivos, unha tranquila lectura ou unha agradable conversa.

 

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente.

O noso ximnasio está equipado con bicicletas de spinning, elíptica estática, cinta para camiñar ou correr, multiestación de musculación – tonificación, espaleiras, pesas, fitball e mantos.

Dispón de duchas, baño, cuarto de vestir e cabina de masaxes.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

abba Madrid hotel pon á disposición dos seus clientes parking no mesmo hotel.

O hotel non pode reservar nin garantir a praza.

Prezo: 23 euros.
Prezo por noite até as 12h.

Suplemento late check-out a partir das 12h até as 20h: 12 euros.
A partir das 20h cargarase o prezo dunha noite.

Xornadas Gastronómicas

A mellor gastronomía dun xeito moi exclusivo.

Un día ao mes, xeralmente o último ou penúltimo xoves, organizamos unha nova edición das Xornadas Gastronómicas do noso Restaurante Abba Mía. O xefe de cociña do hotel sorprende en cada edición cun menú degustación elaborado coidadosamente, composto por un aperitivo, dous entrantes, dous arroces e unha sobremesa.

Resersva Online o teu Taxi!

Servizo de reserva online de taxis en Madrid

Un servizo de calidade con recollida preferente e tarifa plana para que os nosos hóspedes non teñan que preocuparse de nada. Simplemente hai que reservar o taxi e facer o pago coa tarxeta de crédito ou PayPal. Un taxi estará agardando á hora e o lugar indicado para acudir ao destino sen colas, sen esperas e sen ter que pagar nada máis por iso.  

Campo de Golf El Olivar de la Hinojosa

Precios especiais para hóspedes.


Os nosos hóspedes teñen á súa disposición green fees de 9 e 18 buracos no Campo de Golf El Olivar de la Hinojosa a prezos moi especiais. Máis información e reservas na recepción do Hotel.