Servizos e Instalacións

Porque en abba Fonseca hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Fonseca hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada. 

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

Conexión WIFI gratuíta

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

abba_Fonseca_Hotel_Jacuzzi.jpg

Jacuzzi

Repouso logo dun día de visita á nosa cidade.

Goza de Salamanca e remata o día cun merecido baño no jacuzzi que ofrece abba Fonseca hotel.

abba_Fonseca_Hotel_Desayuno_Buffet_2.jpg

Almorzo Buffet

PORQUE QUEREMOS QUE TE SINTAS COMA NA CASA

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

  • Prezo adulto: 15 euros
  • Prezo nenos até 12 anos: 9,00 euros

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e a estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente.

parking.jpg

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

abba Fonseca hotel pon á disposición dos seus clientes parking cuberto ao prezo de 18 € por día.