Servizos e Instalacións

Porque en abba Comillas Golf hotel o noso principal obxectivo é o benestar e a satisfacción dos nosos hóspedes.

En abba Comillas Golf hotel coidamos dos nosos hóspedes e ofrecémoslles os mellores servizos e instalacións para que gocen dunha estadía que supere as súas expectativas, chea de confort e cunha atención persoalizada. 

Cada día traballamos para que os nosos servizos se adapten ás novas tecnoloxías e ás necesidades de cada hóspede, coidando até o último detalle. Ademais, apostamos por unha restauración excelente, ofrecendo cada día unha gastronomía variada e da mellor calidade.

IMG_5857.jpg

Lanzadeira

Transporte gratuíto á praia

Pensando na comodidade dos nosos hóspedes, facilitamos un servizo de transporte directo e gratuíto á praia durante os meses de xullo e agosto, de luns a domingo.

Horarios dispoñibles en recepción. Servizo suxeito a dispoñibilidade.

Conexión WIFI gratuíta.

Por cortesía de Abba Hoteles.

O noso servizo gratuíto de Wifi premium está pensado para cubrir todas las necesidades de conexión a internet que os nosos hóspedes teñan ao longo da súa estadía, como navegación, consulta de correo electrónico e descarga de contido. Para conectarse, é precisa unha clave que será facilitada na recepción, ofrecendo unha sesión de 24 horas de conexión e podendo dispoñer de tantas sesións como desexe. As sesións inactivas son desconectadas automaticamente para optimizar ao máximo o rendemento do sistema.

39_8.jpg

Cafetería

O TEMPO É TEU.

Un momento para tomarse as cousas con tempo. Un espazo para relaxarse e gozar dunha agradable conversa.

De luns a domingo: 12.00 – 22.00 horas

 

backpack_2490713_1920.jpg

Transporte de equipaxe para peregrinos

DESPREOCÚPATE DA EQUIPAXE NOS TEUS DESPRAZAMENTOS.

Aforra tempo e despreocúpate da túa equipaxe. abba Comillas Golf Apartments ofréceche un servizo de transporte de equipaxe para a túa comodidade no Camiño.

Máis información na recepción do hotel.

 

ThinkstockPhotos_490216372.jpg

Servizo de masaxes

RELAX ANTES OU DESPOIS DE VISITAR COMILLAS

abba Comillas Golf Apartments dispón de cabinas de masaxes para tratamentos personalizados nas instalacións do Hotel.

É necesario reservar con antelación de 48 horas

original_breakfast2.jpeg

Almorzo Buffet

Porque queremos que te sintas coma na casa

A comida máis importante do día é o almorzo, por iso deseñamos un buffet de almorzo con todo o necesario para comezar o día cheo de enerxía: produtos típicos da dieta mediterránea, aceite puro de oliva de distintas rexións, diferentes tipos de pan, os mellores ibéricos nacionais, froitas de temporada, cereais e o noso recuncho dietético.

  • Prezo: 12,50 euros.
  • Almorzo para nenos (até 10 anos): 6,25 euros.

Parking

Uso exclusivo para os clientes do hotel.

O hotel abba Comillas Golf hotel pon á disposición dos seus clientes parking exterior gratuíto no mesmo hotel e garaxe privado polo prezo de 10€.

Ximnasio

Para practicar deporte a calquera hora do día.

Para todos os nosos hóspedes que non renuncian a coidarse e a estar en forma, dispoñemos dun fantástico ximnasio coas mellores instalacións e o confort necesario para desconectar namentres que se poñen en forma o corpo e a mente.

Campo de Golf Rovacías

O máis técnico do Cantábrico.

O campo de golf Rovacías no que se atopa abba Comillas Golf hotel está perfectamente adaptado á orografía, integrado nunha contorna natural e totalmente illado dos núcleos urbanos. Trátase dun campo de xogo perfectamente adaptado a calquera xogador de golf, independentemente do seu nivel de xogo.

No campo ofrécense servizos de puttingreen, aluguer de todo tipo material, Pro-shop e organización de campeonatos, entre outros.

Rutas Bikefriendly

abba Comillas Golf hotel está perfectamente adaptado para ciclistas.

O noso aloxamento dispón de exclusivos servizos que responden de xeito óptimo ás necesidades específicas dos ciclistas, incluidas rutas para gozar ao máximo da contorna na que se atopan o hotel e os apartamentos. Ofrecemos os seguintes servizos para ciclistas:

  • Espazo Bikefriendly para gardar as bicicletas e zona taller.
  • Tenda para arreglos e posta a punto das bicicletas.
  • Zona de lavado de bicicletas.
  • Picnic baixo petición e suxeito á dispoñibilidade
  • Almorzo especial para deportistas baixo petición e suxeito á dispoñibilidade
  • Rutas Bikefriendly

Viaxa coa túa mascota

Tratarémola coma a un hóspede máis!

En abba Comillas Golf hotel ofrecemos a posibilidade de viaxar coa túa mascota con todas as comodidades. Viaxar acompañado da túa mascota será moi fácil, tan só por 15 € de suplemento sobre a tarifa aplicable á habitación. É imprescindible indicar que se viaxa con mascota no momento de efectuar a reserva.

Room Service

A mellor gastronomía sen saír da habitación.

Se prefires quedarte na habitación pero non queres renunciar á mellor gastronomía en abba Comillas Golf hotel ofrecémosche, para a túa comodidade, o mellor servizo de room service.

Terraza

Ampla terraza con vistas ao campo de golf e ao mar Cantábrico.

abba Comillas Golf hotel dispón dunha preciosa e ampla terraza con vistas ao campo de golf e ao mar Cantábrico, un espazo idóneo para a celebración de almorzos, coffee breaks ou cócteles, tanto para empresas como para calquera evento familiar que desexe celebrar.

Spa

Ideal para relaxar o corpo e a mente.

abba Comillas Golf hotel conta, entre as súas instalacións, cun fantástico Spa. A instalación conta con:

  • Jacuzzi.
  • Duchas de fervenza e choiva.
  • Pediluvio.
  • Sauna.
  • Sala de relaxación.
  • Sala de masaxes e tratamentos.
  • Sala de fitness.

Prezo: 15 euros / servizo.

Piscina interior climatizada.

Ideal para poñerse en forma na auga.

abba Comillas Golf hotel conta cunha piscina interior climatizada, de uso gratuíto para os hóspedes do hotel, que ofrece una temperatura de 24 graos.

abba_xalet_suites_hotel_miniclub.jpg

Miniclub abby

Un espazo de xogo e divertimento para nenos de 4 a 12 anos.

Para que os máis cativos gocen dunhas vacacións marabillosas, abba Comillas Golf Hotel dispón do Miniclub Abby, un espazo de xogo cheo de diversión para nenos de 4 a 12 anos.

abba_comillas_golf_hotel_picnic_1.jpg

Picnic

Goza da nosa preciosa contorna.

Para aqueles hóspedes que desexen facer excursións pola zona ou pasar o día na praia, abba Comillas Golf Hotel ofrece a opción de preparar un picnic para almorzar fóra do hotel, composto por 2 bocadillos, 2 pezas de froita, 2 botellas pequenas de auga, panos de mesa e bolsa de transporte. Para reservar este servizo, é imprescindible avisar á recepción do hotel con alomenos un día de antelación.

  • Prezo por persoa: 6 euros.